A ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)

A ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)

O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega(DRAG) tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión,...

Saved in:
Translated title: Ideology in the Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)
Journal Title: Estudos de Lingüística Galega
Author: Susana Rodríguez Barcia
Palabras clave:
Traslated keyword:
Language: Undetermined
Get full text: https://www.usc.gal/revistas/index.php/elg/article/view/5648
Resource type: Journal Article
Source: Estudos de Lingüística Galega; Vol 11, (Year 2019).
DOI: http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5648
Publisher: Universidade de Santiago de Compostela
Usage rights: Reconocimiento - NoComercial - SinObraDerivada (by-nc-nd)
Categories: Social Sciences/Humanities --> Language --AMP-- Linguistics
Abstract: O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega(DRAG) tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. Para acadar o fin exposto realizouse unha lectura exhaustiva do repertorio aloxado na páxina web da RAG, incluíndo as actualizacións máis recentes acometidas ao longo de 2018. Como resultado obtívose un corpus composto por 808 artigos lexicográficos, cuxa forma lematizada recóllese como apéndice para poder servir de guía en traballos complementarios posteriores. Os 808 artigos foron sometidos a análise lingüística desenvolvida con perspectiva crítica seguindo a metodoloxía da análise crítica do discurso lexicográfico (Autor 2012 e 2016b). Entre as conclusións fundamentais destaca a continua actualización da obra analizada, na que se constata unha preocupación pola busca de neutralidade nas definicións e un interese por ofrecer unha cosmovisión ampla, non reducida ás ideoloxías dominantes. Con todo, tamén é preciso sinalar que a análise revela un traballo intenso no futuro no relativo á adaptación deste dicionario a algunhas das medidas da linguaxe inclusiva que permitan maior visibilidade da muller, así como unha revisión da representación do catolicismo como relixión por defecto.
Translated abstract: The aim of this paper is to analyse the ideology of the Dictionary of the Royal Galician Academy (DRAG), taking into account its legitimising character within society, as well as the relevance of its presence in the fields of education and language acquisition. In particular, the results are classified in the fields of religion, politics and gender issues. In order to achieve the abovementioned purpose, an exhaustive reading of the repertoire on the RAG website was carried out, including the most recent 2018 updates. As a result, a corpus of 808 lexicographic articles was obtained, whose lemmatized form is taken as an appendix to serve as a guide in later complementary works. The 808 articles were subject to a linguistic analysis developed with a critical perspective following the methodology of the critical analysis of the lexicographical discourse (Rodríguez Barcia 2012; 2016b). Among the essential conclusions, we can highlight the continuous updating of the work analysed, which shows a concern for the search for neutrality in the definitions and an interest in offering a broad world view, not reduced to dominant ideologies. However, it is also necessary to point out that the analysis reveals intense future work regarding the adaptation of this dictionary to some of the approaches of inclusive language that enable a greater visibility of women, as well as a review of the representation of Catholicism as a religion by default.